José Luis Rodríguez El Puma revolucionará esta noite o ‘Land Rober Tunai Show’

0
20

O equipo do programa meterao nalgún apuro para descubrir como vive unha estrela da música

José Luis Rodríguez El Puma revolucionará esta noite o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 20.05.2021.-    Este xoves pintará a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) un emblema da canción universal: José Luis Rodríguez ‘El Puma’. O equipo do programa meterao nalgún apuro para descubrir como vive unha estrela da música. Tamén vai haber tempo para dar o cante e Pili Pampín terá moito que ver nisto.

Como a música non faltará no programa desta noite, ofrecerase unha nova entrega de ‘Vexo voces’. Queda moito talento por descubrir! Ademais, ata Pili Pampín será interrogada por dous policías por mor das súas cancións e Víctor Fábregas xa está argallando das súas para esta encomenda.

Fuente Crtvg.es