Josema Yuste, un dos mellores cómicos de España, pintará esta noite a mona no ‘Land Rober Tunai Show’

0
24

O programa contará tamén coa presenza da actriz Isabel Blanco, que volverá aos 90 para recrear a serie ‘Mareas Vivas’

Josema Yuste, un dos mellores cómicos de España, pintará esta noite a mona no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago,  27.05.2021.-  O ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) recibe este xoves un dos mellores cómicos de España: Josema Yuste. O integrante do mítico dúo cómico Martes y Trece vai pintar a mona ben pintada. O programa contará tamén coa presenza da inimitable Isabel Blanco, coa que vivirán un momentazo os espectadores, xa que volverán aos 90 para recrear a serie ‘Mareas Vivas’.

Por outro lado, o espazo da TVG entrará na casa dos seus seguidores nunha nova entrega de ‘Pasa pa’ casa’. Con quen vivirán? E, por se fose pouco, volven as aventuras da familia de mariscadores máis disparatada. Parece que Josiño ten plans para os seus pais: envialos a Marte!

Fuente Crtvg.es