Julene e David selarán esta noite o seu noivado no programa ‘Casamos!’ cunha voda familiar e emotiva

0
11

O seu foi un auténtico frechazo e decidiron desde o principio apostar por el (22.05 h)

Julene e David selarán esta noite o seu noivado no programa 'Casamos!' cunha voda familiar e emotiva

Santiago, 29.07.2020.-   O amor acontece nos momentos máis inesperados. O de Julene e David, os protagonistas desta semana do programa ‘Casamos!’, naceu unha noite de troula. O seu foi un auténtico frechazo e decidiron apostar por el.

Durante o seu noivado, Julene converteuse nunha sorte de fada madriña para David: axudoulle a aprobar a oposición e a superar o falecemento da súa nai. Despois de tanto tempo sendo noivos, era de esperar que algún día se decidisen a casar. Agora preparan xuntos a voda dos seus soños en Redondela: familiar, moi emotiva e con trens incluídos.

Fuente Crtvg.es