‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta noite o cómico Xurxo Carreño, un fenómeno nas redes, e o actor Antonio Garrido

0
46

Ademais, público e audiencia asistirán a unha cea de empresa un tanto peculiar

'Land Rober Tunai Show' recibe esta noite o cómico Xurxo Carreño, un fenómeno nas redes, e o actor Antonio Garrido

Santiago, 15.12.2022.-   ‘Land Rober Tunai Show’ recibirá este xoves a visita do cómico Xurxo Carreño. Triunfa nas redes, pero chega ao programa da TVG para descubrir o seu público en ‘O que máis!’. Ao show unirase tamén un andaluz case galego, o actor Antonio Garrido.

Como cada semana, o ‘Land Rober Tunai Show’ tenteará a actualidade desde a ficción máis falcatrueira e disparatada. Nesta ocasión, público e audiencia asistirán a unha cea de empresa un tanto peculiar. Todo isto, e moito máis, con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo, esta noite a partir das 22.00 h na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es