Lito da Panorama casa este xoves dous fans do ‘Land Rober Tunai Show’, onde tamén reciben o actor Luís Iglesia

0
37

Os espectadores van descubrir que pasou realmente coa boa de Ferrol nunha nova entrega de ‘Cuarto Milenio’

Lito da Panorama casa este xoves dous fans do 'Land Rober Tunai Show', onde tamén reciben o actor Luís Iglesia

Santiago, 25.05.2023.-    Este xoves, Lito da Panorama vai oficiar a voda do ano no ‘Land Rober Tunai Show’. Os fans do programa Rubén e Lucía casan en directo, así que a audiencia debe prepararse para vivir o festexo do ano.

A cousa pinta ben porque o espazo da TVG xunta hoxe dous showmen: Lito da Panorama e Salvo The Best, o Lito italiano, que chega desde Milán. Os espectadores van comprobar quen ten máis swing sobre a pista de baile. Ao show unirase o actor galego Luís Iglesia. Vaia trío de ases!
 
Ademais, esta noite vaise descubrir que pasou realmente coa boa de Ferrol nunha nova entrega de ‘Cuarto Trienio’. Todo isto, e moito máis, esta noite con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo a partir das 21.55 horas na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es