Lucía Gil e Dani Royo, dous prometedores artistas, actuarán esta noite en ‘Bamboleo’

0
4

Santiago, 25.04.2020.-Bamboleo‘ (22.00 h), o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita da cantante, actriz e presentadora Lucía Gil. A punto de facer 20 anos, esta precoz artista, que participou por primeira vez nun concurso de televisión con 7 e que foi rapaza Disney, é unha das figuras máis prometedoras do panorama nacional.

O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará ademais coas actuacións da orquestra Costa Dorada e do cantante aragonés, galego de adopción, Dani Royo, que conseguiu facerse un oco no panorama musical, sendo un dos músicos con maior recoñecemento en Galicia e un dos artistas máis activos da escena actual.

No escenario tamén estarán Estela Rodríguez, interpretando ‘Invisible’, de Malú, e Alejandro Peláez, co tema ‘Aleluya’, de Il Divo, competindo ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Óscar e Roberto se enfrontarán ao karaoke cantando ‘La vida sigue igual’, de Julio Iglesias, e ‘Dirtidansi’, en que parellas de distintas xeracións bailarán hoxe samba e rumba.

Fuente Crtvg.es