Lucía Pérez, A Roda e Ariel de Cuba, protagonistas do espectáculo musical que ofrece este sábado ‘Bamboleo’

0
39

Santiago, 20.03.2021.-     ‘Bamboleo’ chega este sábado pola noite á Televisión de Galicia cun espectáculo musical único. Xosé Manuel Piñeiro estará rodeado dos artistas Lucía Pérez, A Roda e Ariel de Cuba. Os convidados participarán nos xogos que lles propoñan os  colaboradores e, por suposto, cantarán e sentarán a compartir as súas vivencias máis interesantes.

Lucía Pérez e A Roda acaban de sacar ao mercado o traballo conxunto ‘Camiño da igualdade’, un disco que nace coa vocación de ser banda sonora do Xacobeo 2021 e do que esta noite presentarán dúas cancións.

Ariel de Cuba, pola súa parte, presentará a súa nova composición, ‘Muá-muá’, despois do éxito mundial que acadou co seu ‘Quédate en casa’, unha canción composta polo artista cubano durante a pandemia.

‘Bamboleo’ recibirá así mesmo a visita do Grupo Beatriz, unha formación asturiana do máis animada que converte a música de acordeón no eixe do seu espectáculo. No ‘Dirtidansi’ ,unha parella de campións do mundo, Luís e Alba, ofrecerán unha exhibición de salsa e outra de bachata.

Alicia Delgado e Pachy Mouriño serán os protagonistas do ‘Agora ou Nunca’. Cantarán os éxitos ‘Sign of the times’, de Harry Styles, e ‘Será que no me amas’, unha adaptación propia do éxito de Luis Miguel, quen á súa vez fixera unha versión do orixinal dos Jackson Five.

En ‘A Jrileira’ xogarán Pablo, polo Team Galicia da Coruña, e Olalla, pola escola de patinaxe en liña Roller Ourense. Empezarán cantando ‘Hawái’, de Maluma, e a continuación terán minuto e medio para adiviñar o maior número posible de intérpretes.

Tamara Pérez e Claudio Pan vivirán momentos moi especiais cos artistas convidados. Javier Varela e Damián Cortés estarán ao quite coas bromas, mentres que con Isi chegarán aínda máis risas. Finalmente, na ‘ITV do Amor’, un concursante do público terá que adiviñar quen é a parella de Alba en función das respostas dos posibles mozos: Marcos, Sergio e Julio.

Fuente Crtvg.es