María do Ceo, La Década Prodigiosa, Guezos e Juan Valderrama, protagonistas en ‘Luar’ este venres

0
23

Santiago, 10.6.2022.-  A conmemoración do Día de Portugal, a festa nacional do país veciño, estará moi presente nos contidos e convidados de ‘Luar’ (21.55 h), onde hoxe soarán temas tan populares como ‘María la portuguesa’ e ‘Uma casa portuguesa’, canción da grande Amália Rodrigues, a raíña do fado. A cantante e compositora lusa, afincada en Ourense, María do Ceo, será unha das artistas máis relevantes no programa, xunto con Juan Valderrama, que traerá aires do sur ao espazo.

A diversión e as gañas de festa este venres á noite continuarán no programa coa música de La Década Prodigiosa; da banda ourensá Guezos, e da orquestra Pentágono.

A música portuguesa tamén estará representada nas actuacións do grupo Xornas, procedentes de Afife (Viana do Castelo). Hoxe actuará, amais, en ‘Luar’ a galega LaifAral ft. Ronald Rosé, compositora de trap e reggaeton; a agrupación folclórica e cultural A Subela de Foz, e a Banda de gaitas Manxadoira de Bueu

Coma é costume, os presentadores Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández darán paso unha nova edición de ‘Recantos’, con Diego Méndez (Arousa) e Miki Fernández (Noia-A Barbanza) en competición. O dúo Campos e Crespo e Lauren e Sabela achegarán os números de humor da velada, mentres que o bote do concurso telefónico parte hoxe con 14.500 euros.

Fuente Crtvg.es