Melody, A Roda e a orquestra M3 póñenlle música ao ‘Luar’ desta noite

0
30

Santiago, 22.12.2023.-    O programa ‘Luar’ fará gozar esta noite a público e espectadores coas actuacións de Melody, A Roda e a orquestra M3, ademais de, como cada venres, co mellor folclore do país.

Melody chega a Galicia para presentar o seu novo sinxelo ‘El trato’, que lanzou hai unhas semanas. Con tan só 30 anos de idade, é toda unha veterana do escenario de ‘Luar’, que visitou desde cativa para interpretar o seu famoso ‘El baile del gorila’. Logo dunha de dúas décadas de éxitos e co récord de ser primeira artista española en acadar o número un en 15 países, cun millón de copias vendidas aos dez anos, neste traballo amosa a súa madurez e versatilidade, cuestionando as segundas oportunidades nunha relación amorosa. E non será o único temas que interprete esta noite na Galega.

O emblemático grupo A Roda, formado durante a transición española a partir dun grupo de amigos que adoitaban cantar en tabernas e galardoado coa Medalla Castelao en 2020, tamén ofrecerá os seus éxitos a público e espectadores do musical que presentan Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez.

Ademais, no apartado de música e baile galegos, actuarán no programa da TVG o Orfeón Colexiata do Sar, as pandeireteiras Xacarandaina e Pan Sen Fron. Tamén os participantes do concurso ‘Recantos’. Esta noite compiten Noel Vigo, por Ourense norte, e Estela Domínguez, polo Miño.

Fuente Crtvg.es