Na dobre entrega de ‘Merlí’ desta noite, o profesor esfórzase para que Iván se integre cos compañeiros

0
26

Ademais, Gerard segue oposto á relación do docente con Gina, que xera tamén problemas na familia de Joan (22:40 h).

Na dobre entrega de 'Merlí' desta noite, o profesor esfórzase para que Iván se integre cos compañeiros

Santiago, 27.02.2023.-    Este luns pola noite os espectadores da Televisión de Galicia poderán gozar dunha nova dobre entrega da serie de ficción ‘Merlí’. No primeiro episodio, ‘Epidauro’, o profesor de Filosofía fará todo o que estea na súa man para que Iván se sinta aceptado polos compañeiros. Tamén o mozo fará progresos. Porén, proporase dar un paso máis aló, asistindo á festa de aniversario de Pol, que se prepara na casa de Mónica e Villamore.

No episodio titulado ‘Os escépticos’, Merlí continuará a súa relación con Gina, pese á oposición de Gerard, o que tamén provoca un conflito na familia de Joan, polo que Toni lle advirte para que non continúe por ese camiño. Doutra banda, Bruno manifestará o seu enfado con Pol e faltaralle ao respecto a Santi na súa clase.

Fuente Crtvg.es