No capítulo deste domingo de ‘Método Criminal’, Luís Iglesia toma a decisión de non saber nada máis de Damián e do seu clan

0
22

Santiago, 14.02.2021.-    Desde que Damián Canosa se cruzou na súa vida, no primeiro capítulo de ‘Método Criminal(22.30 h), a Luís Iglesia chóvenlle os problemas: sofre un secuestro, ameázano cunha pistola, danlle unha malleira, unha axente da UCO obrígao a colaborar con ela e, agora, mata por accidente o sicario que intentaba acabar coa vida de Damián.

Demasiada intensidade ata para un actor do talle de Luís, que non tardará en pasarlle factura se non lle pon remedio o antes posible. Así que a primeira decisión que toma é non volver saber nada de Damián Canosa nin do seu clan. Con todo, a súa intención verase interrompida cando Sara, a axente da UCO, lle lembre que ter que seguir colaborando con ela para darlles caza aos Canosa.

Ao mesmo tempo, Luís terá que enfrontarse a outra oportunidade, a última, para facer o casting da serie sobre Roi Xordo, deixar o equipo da produtora abraiado e conseguir un papel que necesita máis ca nunca.

Pero Luís non foi o único que se viu superado pola situación. Damián tampouco tivo un comezo doado como líder do clan. En pouco tempo sobreviviu a tres intentos de asasinato, ten que identificar o traidor que contratou os servizos do sicario e localizar a ‘mercancía’ que desapareceu do almacén se non quere ter problemas cos seus socios. E todo iso sen deixar de lado a actividade do tanatorio. Estará preparado ou seguirá necesitando a axuda de Carmelo Matalobos?

Fuente Crtvg.es