No ‘Land Rober Tunai Show’ desta noite, os actores Manuel San Martín e Alfonso Agra pintarán a mona e contarán todos os detalles da nova temporada de ‘Saudade de ti’

0
44

Ao show unirase o doutor Manuel Viso, que falará de papatorias e de vodas

No 'Land Rober Tunai Show' desta noite, os actores Manuel San Martín e Alfonso Agra pintarán a mona e contarán todos os detalles da nova temporada de 'Saudade de ti'

Santiago, 15.06.2023.-    Este xoves pintarán a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ (21.50 h) os actores  Manuel San Martín e Alfonso Agra, que contarán todos os detalles da nova temporada de ‘Saudade de ti’, que se estrea este domingo na TVG. Despois do éxito de audiencia que obtivo o verán pasado, a serie volve con novas tramas e novos personaxes.

Ao show desta noite unirase o doutor Manuel Viso, que falará de papatorias e de vodas. E é que, agora que comeza a temporada alta de celebracións e banquetes, hai que ter moito coidado coas enchentes.

Ademais, Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo xogarán cos convidados ao xogo de moda: o ‘A quen te pareces?’, onde o público é o protagonista polo seu parecido con algún famoso. E chega tamén unha nova aventura dos Piosos, desta volta na froitería. Que se lles perdería alí?

Fuente Crtvg.es