Noite de rancheiras en ‘Luar’, coas actuacións de Bertín Osborne e do Mariachi Sol de América

0
17

Santiago, 10.01.2020.- O programa ‘Luar’ (22.00 h) recibirá este venres a visita do polifacético artista andaluz Bertín Osborne, que segue en xira co seu último disco de rancheiras, ‘Yo debí enamorarme de tu madre’, o vixésimo sétimo da súa carreira, que inclúe tamén algúns dos seus grandes éxitos e que continúa situado nos postos máis altos das listaxes de vendas do país.

O espazo da TVG tamén contará coa presenza da cantante, violonchelista e compositora monfortina Rosa Cedrón, unha das voces máis recoñecidas do panorama musical galego. Fortemente vinculada coa música galega e cunha sólida carreira ás súas costas, comezou no grupo Luar na Lubre e agora continúa en solitario, cun segundo disco no mercado, titulado ‘Nada que perder’. A artista actuará en solitario, interpretando a icónica canción ‘Lela’, e xunto a Nova Galega de Danza.

A proposta musical desta noite complétase coas actuacións da orquestra Marbella, do grupo de música mexicana Mariachi Sol de América e das agrupacións de música tradicional galega Os da Porfía e O Viveiro de Peis D’Hos.

Coma sempre, xa preto do final do programa, ofrecerase unha nova entrega do concurso ‘Recantos’, que nesta ocasión convidará ao escenario o Pérez, procedente da comarca do Miño, e a Fran Sotelo, representante de Ourense Sur.

Fuente Crtvg.es