Nova temporada do programa ‘Casamos!’, cuxos espectadores están convidados hoxe a unha voda no Carballiño, a de Lucía e Amable

0
13

Coñecéronse hai unha década, pero non foi ata hai dous anos cando o seu foi máis alá

Nova temporada do programa 'Casamos!', cuxos espectadores están convidados hoxe a unha voda no Carballiño, a de Lucía e Amable

Santiago, 15.07.2020.-  As historias de amor máis románticas volven este verán á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Casamos!’ (22.10 h), o programa que ofrece un retrato coral sobre o universo das vodas en Galicia. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace e as particularidades de cada noivado.

Da amizade ao amor só hai un paso e Lucía e Amable, os protagonistas desta semana, dan boa mostra disto. Coñecéronse hai unha década na peixería onde traballaba Lucía, pero non foi ata hai dous anos cando o seu foi máis alá.

Xuntáronse no momento indicado, cando os dous pasaban por situacións límites e delicadas: acababa de falecer a nai de Amable e Lucía estaba superando un cancro de colon. Despois de tres meses de noivado ás agachadas, Lucía decidiu deixar a súa anterior parella e comezar unha nova vida xunto Amable. Hoxe van facer realidade o seu soño de casar cunha voda en pleno corazón do Carballiño.

Fuente Crtvg.es