O actor Antonio Durán ‘Morris’ e o grupo Boyanka Kostova, protagonistas dun ‘Land Rober Tunai Show’ dedicado á rapazada

0
146

Da man de dous expertos na materia, Pili Pampín e Octavio Villazala, os espectadores coñecerán os problemas que lle quitan o sono á Xeración Z

O actor Antonio Durán 'Morris' e o grupo Boyanka Kostova, protagonistas dun 'Land Rober Tunai Show' dedicado á rapazada

Santiago, 25.02.2021.-    Este xoves vén un dos grandes pintar a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h): o actor Antonio Durán ‘Morris’, nun programa especial para a ‘juventú’. Os espectadores van saber que pasa coa rapazada nestes tempos, e para iso o programa contará con dous expertos na materia: Pili Pampín e Octavio Villazala. Cal dos dous coñecerá mellor os problemas que lle quitan o sono á Xeración Z?

Volve tamén o ‘Pasa pa casa’ especial rapazada. Por se fose pouco, o show presentado por Roberto Vilar pillará a Dosinda na allada, nun encontro cun pretendente no límite do peche perimetral. O garda civil vai ter traballo arreo.

O ramo porao o grupo de trap galego Boyanka Kostova. Quen mellor para marcar o ritmo deste ‘Land Rober’ especial ‘chavalada’?

Fuente Crtvg.es