O actor Manuel Manquiña chega este xoves ao ‘Land Rober Tunai Show’ ao ritmo asturiano de Los Berrones

0
16

Volve un dos xogos máis falcatrueiros do programa: o ‘A quen lle pasou?’, unha historia disparatada con tres caras do público como protagonistas

O actor Manuel Manquiña chega este xoves ao 'Land Rober Tunai Show' ao ritmo asturiano de Los Berrones

Santiago, 02.06.2022.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ vai ser este xoves unha simbiose galego-asturiana. O programa recibe o polifacético Manuel Manquiña e o ritmo musical virá da man dos veciños asturianos Los Berrones. Chega con eles unha edición especial do ‘Pasa pa’ casa’. Desde onde sintonizarán espectadores: Galicia ou Asturias?

E como agora dicimos adeus ás máscaras, volve un dos xogos máis falcatrueiros do programa: o ‘A quen lle pasou?’, unha historia disparatada e tres caras do público do programa. Cal dos tres será o protagonista da anécdota?

Todo isto e máis, este xoves con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo a partir das 21.55 horas na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es