O actor Maxi Iglesias revolucionará esta noite o ‘Land Rober Tunai Show’

0
40

Será posto a proba no programa (21.55 h) e, ademais, coñecerá o talento que hai en Galicia nunha nova entrega de ‘Danzantes ou farsantes?’

O actor Maxi Iglesias revolucionará esta noite o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 04.11.2021.-    Volven os guapos ao ‘Land Rober Tunai Show’, a onde chega esta noite o actor Maxi Iglesias, que será posto a proba. Se perde, o programa tenlle preparado un castigo que vai tolear a máis dun. Ademais, coñecerá o talento que hai en Galicia nunha nova entrega de ‘Danzantes ou farsantes?’.

Por outro lado, tamén volve a show da TVG familia máis extraordinaria. Chegan os mariscadores cunha nova para Josiño: seica ten un irmán xemelgo. Por se todo isto fose pouco, hai novidades en Traspazos. O alcalde dará conta de todo na súa sección habitual en ‘As mañás de Marilú’.

Fuente Crtvg.es