O cantante Alberto Comesaña, a modelo Belén Roca e o grupo O Fiadeiro concursan esta noite no ‘Tupper Club’

0
15

Nun programa cargado de morriña e de humor (22:40 h), o chef Álex Iglesias proporalles cociñar pratos que lles evoquen recordos

O cantante Alberto Comesaña, a modelo Belén Roca e o grupo O Fiadeiro concursan esta noite no 'Tupper Club'

Santiago, 08.03.2023.-   O cantante Alberto Comesaña, a sobriña neta do Premio Nobel Camilo José Cela Belén Roca, coñecida pola súa faceta televisiva e de modelo, e dous membros do grupo tradicional O Fiadeiro serán este mércores os elixidos por Álex Iglesias, o chef e presentador de Tupper Club, para participaren nunha nova entrega deste programa, que a semana pasada comezou a súa segunda temporada na Televisión de Galicia.

O reto que lles proporá aos concursantes desta semana será cociñar tres pratos que lles evoquen recordos. Deste xeito, Alberto Comesaña preparará na súa casa de Vigo empanadillas de zamburiñas, Belén Roca proporá unha receita familiar de raia á vinagreta e os integrantes de O Fiadeiro optarán por unhas faceiras con viño tinto e arroz en branco.

Será un programa cargado de morriña, risas e experiencias curiosas das vidas destes concursantes famosos. 

Fuente Crtvg.es