O coreógrafo e bailarín Poty Castillo revolucionará o ‘Land Rober Tunai Show’ esta noite

0
11

Víctor Fábregas unirase este xoves ao show, xunto a Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo

O coreógrafo e bailarín Poty Castillo revolucionará o 'Land Rober Tunai Show' esta noite

Santiago, 07.10.2021.-  A audiencia do ‘Land Rober Tunai Show’ vai mover este xoves o esqueleto co coreógrafo Poty Castillo! O coñecido artista vai revolucionar o estudio do programa da Galega, porque durante a súa intervención igual pasa o peor momento da súa vida, con ‘lucerío’ incluído.

Nesta edición regresa tamén a familia de mariscadores máis argalleira… Ollo, porque Josiño estará hoxe disposto a todo, ata a renovar o contrato de fillo! Por se fose pouco, os espectadores deberán estar preparados porque se ofrecerá unha nova entrega de ‘Dando a nota’. Adiviñará Poty quen é o intruso nos dúos e tríos musicais?

Ao espectáculo desta noite únese Víctor Fábregas e non faltarán Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo. Todas estas propostas de humor e moitas máis sorpresas, este xoves, a partir das 21.55 horas, na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es