O dúo Camela e a cantante Lorena Gómez, xuntos no ‘Land Rober Tunai Show’ desta semana

0
42

Dioni e Ángeles pisarán por primeira vez xuntos o estudio do programa (22.00 h), onde, ademais de presentar o seu novo álbum, van descubrir o talento que hai en Galicia

O dúo Camela e a cantante Lorena Gómez, xuntos no 'Land Rober Tunai Show' desta semana

Santiago, 01.12.2022.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves un dos dúos máis queridos do panorama musical español: Camela. Dioni e Ángeles pisarán por primeira vez xuntos o estudio do programa, onde, ademais de presentar o seu novo álbum, ‘Que la suerte te acompañe’, van descubrir o talento que hai en Galicia en tema de dúos, tríos e grupos.

O espazo presentado por Roberto Vilar contará hoxe coa presenza doutra estrela musical: a recoñecida artista Lorena Gómez. Con ela volve o ‘Que me estás contando?’. Ademais, na ficción, os espectadores asistirán ás andanzas de dous pilotos que teñen unha encomenda en que Camela ten moito que ver.

Fuente Crtvg.es