O equipo de ‘Cos Pés na Terra’ iníciase hoxe na cría de caracois

0
24

O espazo da TVG (23.15 h) tamén estará cun mestre de baile galego e cunha parella que decidiu cambiar de vida para dedicarse á produción de cousas sabedeiras

O equipo de 'Cos Pés na Terra' iníciase hoxe na cría de caracois

Santiago, 21.11.2022.-    O equipo de ‘Cos Pés na Terra’ vaise meter hoxe de cheo na cría dos caracois. Para isto contará coa iniciativa de Manuel e Helena, que amosarán como se reproducen e medran eses exemplares que tanto lles gustan as padais máis exquisitos.

O programa visitará tamén as leiras de Ángela e Manuel, unha parella que decidiu cambiar de vida para dedicarse á produción de cousas sabedeiras. Ambos os dous desvelarán os segredos para que os seus pedidos luzan así de ben, para o que contan cunha axuda inesperada.  

E, para os espectadores que queiran aprender baile galego, o espazo da TVG ten un mestre que lles vai encantar, Ismael, un rapaz que percorre a comarca dos Ancares para aprenderlles esta disciplina a todos aqueles que estean dispostos a aturuxar.

Fuente Crtvg.es