O equipo de ‘Galicia bonita’ enfróntase este domingo en Friol a uns cortellos que quedaron sen rematar moitos anos despois da súa construcción

0
23

A falta de persoal no equipo de Rosa Facal levará ao límite unha reforma moi modesta no seu inicio (23:00 h)

O equipo de 'Galicia bonita' enfróntase este domingo en Friol a uns cortellos que quedaron sen rematar moitos anos despois da súa construcción

Santiago, 29.10.2023.- O equipo de ‘Galicia bonita’ visita esta semana o concello lucense de Friol, onde o gando, sobre todo vacún, é a principal fonte económica, cuns amplos pastos destinados á cría deste animal e á explotación do leite. En Madelos, na propiedade de Concha e Pepe, tamén había vacas hai anos e estaban moi coidadas, pero non así os cortellos, que quedaron en ladrillo e sen rematar moito tempo despois da súa construción.

A falta de persoal no equipo comandado por Rosa Facal, que irá minguando durante a semana, levará ao límite unha reforma que no seu inicio se presumía moi modesta e que se irá complicando pouco a pouco. 

Fuente Crtvg.es