O equipo de ‘Galicia Bonita’ ponse de novo en marcha para arranxar hoxe en Oza-Cesuras unha vivenda con construcións adxacentes en semirruínas

0
103

Santiago, 23.05.2023.-    A arquitecta especializada en recuperación de contornas no rural Rosa Facal e os seus pintorescos axudantes póñense este martes de novo en marcha por Galicia adiante na procura de vivendas sen rematar. Cun orzamento limitado e o prazo máximo dunha semana, o equipo de ‘Galicia Bonita’ (22.35 h), coa axuda de propietarios e veciños, enfrontarase nesta nova temporada na TVG a todo tipo de dificultades que influirán no correcto desenvolvemento das obras.

En cada entrega de ‘Galicia Bonita’, Rosa Facal e o seu equipo, formado polos albaneis Javier, Adri e Litos, a deseñadora Laira e os carpinteiros Carlos e Álex, seguirán loitando contra o feísmo, ese tipo de arquitectura descoidada e sen gusto, que predomina en pendellos, palleiras e leiras de toda Galicia.

Nesta ocasión viaxarán á comarca de Betanzos para afrontar o reto de arranxar unha vivenda amoreada de construcións adxacentes en semirruínas no concello de Oza-Cesuras.

Alí coñecerán a Marcos, un electricista voluntarioso, mais pouco centrado nas funcións que lle encomendan, e a súa familia, que só porá unha única condición na reforma: non esnaquizar a coidada leira que tanto traballo lles levou amañar.

Fuente Crtvg.es