O equipo de ‘Galicia Bonita’ viaxa esta semana a Mañón para reformar unha palleira, un hórreo e un muro de pedra

0
34

A fachada frontal obrigará a arquitecta Rosa Facal a ocuparse de tarefas que non estaban contempladas na súa listaxe

O equipo de 'Galicia Bonita' viaxa esta semana a Mañón para reformar unha palleira, un hórreo e un muro de pedra

Santiago, 15.10.2023.-    Un domingo máis, a cuadrilla de ‘Galicia Bonita’ (23:05 h), coa arquitecta Rosa Facal á fronte, porase en marcha para atopar novas vivendas sen rematar e, cun orzamento e un tempo limitados, reformalas ao gusto dos seus propietarios.

Nesta ocasión, Rosa e os seus colaboradores afrontan na localidade coruñesa de Mañón o reto de desenvolver a reforma dunha palleira, un hórreo e un muro de pedra. A fachada frontal, conxunta coas vivendas de dúas veciñas, obrigará a líder de ‘Galicia Bonita’ a ocuparse de tarefas que non están contempladas na súa listaxe.

Fuente Crtvg.es