O espectáculo de Los Vivancos e o son de Treixadura, unha das formacións máis senlleiras da música tradicional galega, chegan este venres a ‘Luar’

0
19

Santiago, 10.11.2023.-    Os irmáns Elías, Judah, Josua, Cristo, Israel, Aaron e Josué, máis coñecidos como Los Vivancos, volven traer hoxe a súa arte ao escenario de ‘Luar’. Baile, danza contemporánea, folclore, artes marciais e tap dance fusiónanse nas súas propostas espectaculares, cheas de forza e fantasía.

O programa tamén contará este venres coa presenza de Treixadura, unha das formacións máis senlleiras da música tradicional galega. O grupo naceu no ano 1990 e durante todos estes anos foi modelando o seu camiño transformando o estilo, pero sen renunciar ao seu son característico, que enlaza a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez ofrecerá as actuacións da orquestra Kubo e das agrupacións tradicionais Asubíos da Chaira, Son do Sil e a Banda de Gaitas A Manxadoira.

No tempo do concurso de talentos ‘Recantos’, os protagonistas desta semana serán Adrián Martínez, procedente da comarca da Arousa, e Mymi, representante de Ourense central.

Fuente Crtvg.es