O filme ‘A Galiña Turuleca’, apoiado pola Televisión de Galicia, candidato ao Goya á mellor película de animación

0
3

Santiago, 19.01.2021.-   O filme ‘A Galiña Turuleca’, apoiado pola Televisión de Galicia, é candidato ao Goya á mellor película de animación, o único nesta categoría, polo que o vindeiro 6 de marzo recollerá o premio na gala da 35ª edición dos galardóns do cine español, que se celebrará en Málaga.

Enfocada especialmente ao público infantil, a película, unha coprodución internacional coa Arxentina, dirixida por Víctor Monigote e Eduardo Gondell, retoma o personaxe da famosa canción popularizada por Los Payasos de la Tele.

‘A Galiña Turuleca’, unha aventura chea de humor, cunha mensaxe de superación para nenos e pais, conta a historia de como un ser diferente atopa o seu lugar no mundo e, a partir do seu talento persoal e único, consegue vencer os seus medos para comezar unha aventura que lle permite reencontrarse cos seres que ama.

Fuente Crtvg.es