O novo da cantante granadina Rosa López e do grupo galego Mekánika Rolling Band, esta noite, en ‘Bamboleo’

0
37

Santiago, 11.11.2023.-    ‘Bamboleo’ chega este sábado cunha magnífica selección musical para que os espectadores gocen dunha noite alegre e o concurso máis divertido. Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro contarán coa presenza da artista granadina Rosa López, que publicou este ano o seu novo tema, ‘1930’, un berro de liberdade a favor das persoas trans, que se integra dentro do novo disco desta artista internacional, titulado ‘Señales’. Rosa subirá ao escenario do ‘Bamboleo’ para interpretar este e outros novos temas e compartir anécdotas e xogos cos colaboradores do programa.

O estudio do ‘Bamboleo’ tamén recibirá a visita da banda de Negreira Mekánika Rolling Band, que presentará o seu último sinxelo: ‘Maruxaina’. O ‘Bamboleo’ desta noite estará amenizado pola música da formación canaria Nueva Fuerza e a parella de baile formada polos galegos Néstor e Sara realizará dúas magníficas exhibicións de salsa.

A Jrileira‘ contará coa participación da comisión de festas de San Pedro de Cornazo, en Vilagarcía; da Asociación Chan das Lamas de Quilmas e Curra, en Carnota; da Asociación de Veciños de Santiago, de Sancovade, en Vilalba, e a comisión de festas de San Miguel de Sarandón, en Vedra. Unha delas levará o gran premio final e outra terá a oportunidade de enfrontarse aos participantes da ‘ITV do Amor’, intentando adiviñar cal dos tres concursantes é o marido de Ana.

Fuente Crtvg.es