O Mundial de Motocrós arranca esta fin de semana, en directo na CRTVG, co MXGP de Gran Bretaña

0
31

Santiago, 18.02.2022.–  A paixón polo motor regresa aos medios públicos galegos, que volven ofrecer, en aberto e en directo, o Campionato do Mundo de Motocrós (MXGP), así como a participación de dous galegos na elite deste deporte: o lucense Jorge Prado e o vigués Rubén Fernández, que dá o salto esta tempada a MXGP.

Os afeccionados galegos poderán seguir na G2 e na G24.gal/deportes a traxectoria destes dous deportistas nos 21 grandes premios do torneo, que arranca este domingo co MXGP de Gran Bretaña (14.15 e 17.10 horas).

Ademais de motocrós, os medios públicos galegos achegarán outras citas importantes para os nosos deportistas, entre os que se atopan tres derbis galegos, ímperdibles, na 2ª RFEF de fútbol. O sábado, destaca o derbi do Bergantiños C. F.-S. D. Compostela (19.00 horas) e o domingo, Coruxo F. C.-Arousa S. C. (12.00 h) e Arenteiro-Pontevedra C. F. (18.00 h). Uns encontros, en que o Pontevedra e o Compostela, mellor posicionados, nun segundo e terceiro posto da clasificación, loitarán polo liderado; fronte a un Coruxo-Arousa separados por apenas un punto, en favor dos vilagarciáns, e onde ambos clubs intentarán gañar para afastarse da zona vermella.

Unha fin de semana máis, poderase gozar na G2 de dous dos partidos da xornada das competicións francesa e portuguesa de fútbol. Así, os espectadores poderán ver o sábado, en directo, a contenda da France Ligue 1 entre o F. C. Nantes e o PSG F. C. (21.00 h) e, por outra banda, o domingo, un dos encontros destacados da Primeira Liga portuguesa, o que xogue o Sp. Portugal co G. D. Estoril Praia (en diferido, ás 23.55 h).  

E a maiores, a G24.gal/deportes ofrecerá, o domingo, ás 12.00 horas, fútbol feminino da Liga Reto Iberdrola, entre Zaragoza C. F.-Deportivo Abanca (Na G2, en diferido ás 20.00 h).

Fuente Crtvg.es