O partido Atlético Guardés-Liberbank Xixón, dos cuartos de final da Copa da Raíña de balonmán, esta tarde en directo na G2

0
3

Santiago, 21.05.2021.-    A segunda canle da Galega ofrece esta tarde en directo, a partir das 18.30 h, o partido dos cuartos de final da Copa da Raíña de balonmán que disputarán en Telde (Gran Canaria), o Atlético Guardés e o Liberbank Xixón.

Esta competición está lonxe de ser a mellor para as da Guarda, que acumulan decepcións temporada tras temporada nun torneo aberto pero que se lles atragoou especialmente durante os últimos anos e onde ten a chegada ás semifinais como mellor resultado histórico. Nesta ocasión, o Atlético Guardés enfrontarase ao equipo asturiano como  subcampión de Liga e buscará rachar as barreiras da súa competición negra.

Pola súa parte, tras unha campaña marcada polas lesións, o conxunto xixonés só obtivo unha vitoria na fase polo título da competición doméstica, que se produciu precisamente o pasado sábado, cando máis o precisaba o equipo no aspecto anímico, coa vista posta no torneo do K.O. E fíxoo nada menos que contra o Málaga, recente campión da EHF European Cup e actual campión da Copa da Raíña, un trofeo que as asturianas levantaron en 2018.

Fuente Crtvg.es