O pasado de Álex e Dora sae á luz no capítulo desta semana da serie ‘Faro. O reencontro’

0
29

Mentres a investigación de Carlos dá un novo xiro, Ricardo decide, por un lado, abandonar a dirección da empresa e, por outro, ter a conversación con Lucía que levaban tanto tempo pospoñendo

O pasado de Álex e Dora sae á luz no capítulo desta semana da serie 'Faro. O reencontro'

Santiago, 29.05.2023.-    Álex e Dora sacan o seu pasado á luz no capítulo deste luns de ‘Faro. O reencontro’ (22.40 h), pero estará ela disposta a volver aos seus brazos? Pola súa parte, Víctor confésalle a Patri que a idea de levar a nena a Madrid foi del.

Ademais, Ricardo confesa a súa decisión de abandonar a dirección xeral da empresa e a venda das súas accións a Rosa. Carme non pode tolerar esta decisión do seu fillo e decide tomar cartas no asunto. Por outro lado, chega unha muller en representación de Miguel que, como pouco, vai sementar a dúbida nos protagonistas.

Mentres, a inspección dá un novo xiro cando Dora lembra unha pista moi reveladora sobre o culpable da súa agresión: levaba un pano. E, por fin, Lucía e Ricardo deciden ter a conversa que levaban tanto tempo pospoñendo.

Fuente Crtvg.es