Un xogo terá unha curiosa recompensa en ‘A Sariña busca pretendentes’: os gañadores farán uso das ‘veciñas madriñas’

0
21

Santiago, 18.05.2022.-    No programa desta noite de ‘A Sariña busca pretendentes’ (23:10 h), as tres parellas de concursantes enfrontan un complicado xogo, que dará lugar a unha das máis curiosas recompensas desta edición do concurso: os gañadores poderán facer uso das ‘veciñas madriñas’, unhas simpáticas señoras que veñen facer todo o que lles pidan -ou todo o contrario-, durante este primeiro día de obra.

Obviamente, a presenza das madriñas complicará o avance na reforma, que sufrirá máis dun atraso. Así as cousas, mentres ‘Os de Carballo’ intentan empastar e pintar a fachada posterior da casa, os outros equipos farán o propio en dúas das alcobas do andar superior.

No cuarto infantil, ‘Os Gandereteiros’, Víctor e Budiño, sufrirán abondo entre o empapelado das paredes e a colocación da moqueta, e non terán apenas descanso en toda a semana. E, xusto ao seu carón, ‘As Dispostas’ tamén traballarán arreo no futuro despacho, un cuarto non moi grande, que lles traerá enormes problemas.

Os espectadores verán o resultado de todos estes esforzos e desvelos na gala final do programa, onde, coma sempre, non faltarán as emocións.

Fuente Crtvg.es