O presentador e actor Pedro Ruiz, convidado esta semana no ‘Land Rober Tunai Show’

0
21

O programa porao a proba no ‘Mira quen chama celebrities’ e o público será protagonista nunha nova entrega de ‘Non cho creo’

O presentador e actor Pedro Ruiz, convidado esta semana no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 03.06.2021.-    O programa ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) recibe este xoves o presentador e actor Pedro Ruiz, que será posto a proba no ‘Mira quen chama celebrities’. Quen estará ao outro do teléfono? Os espectadores van quedar pampos cos famosos que entrarán hoxe en directo. Ademais, ao show unirase Víctor Fábregas.

O público do programa tamén será protagonista nunha nova entrega de ‘Non cho creo’. Destrezas estrañas, capacidades indescritibles, retos imposibles… De que serán capaces os pintamonas? E, por se fose pouco, haberá novas sobre a limpeza das leiras, xa que a alcaldesa de Traspazos reunirá os veciños para ver como avanzan os traballos.

Fuente Crtvg.es