O presentador Paco Lodeiro visita hoxe o ‘Land Rober Tunai Show’, onde tomará da súa propia medicina e terá que acertar as preguntas do ‘Atrápame se podes’

0
68

Ademais, os espectadores van vivir unha hipotética vitoria no concurso estrela da TVG, cunha divertida recreación do ‘chanzo arriba’

O presentador Paco Lodeiro visita hoxe o 'Land Rober Tunai Show', onde tomará da súa propia medicina e terá que acertar as preguntas do 'Atrápame se podes'

Santiago, 09.02.2023.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ (21.50 h) recibe este xoves o presentador Paco Lodeiro. O equipo do programa vai poñelo a proba coa súa propia medicina… Será quen de acertar as preguntas do ‘Atrápame se podes’?

E, como parece que o bote do concurso estrela da Televisión de Galicia non atopa merecedor, os espectadores van vivir na ficción unha hipotética vitoria, cunha divertida  recreación do ‘chanzo arriba’.

Ademais, volven ‘As Mañás de Marilú’, onde un veciño quere sorprender o alcalde de Pazos. Quen será? Todo isto e moito máis, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas.

Fuente Crtvg.es