O programa ‘Casamos!’ regresa con novas historias de amor, comezando por unha parella á que a pandemia puxo a proba

0
21

Andrea e Rubén coñecéronse nun ximnasio, foron amigos antes de comezar unha relación e, agora, tras superar esa mala etapa, están máis namorados ca nunca

O programa 'Casamos!' regresa con novas historias de amor, comezando por unha parella á que a pandemia puxo a proba

Santiago, 16.02.2021.-  As historias de amor máis románticas volven á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Casamos!’ (22.20 h), o programa que ofrece un retrato coral sobre o universo das vodas en Galicia, que non se detén a pesar das restricións da pandemia. En cada unha das entregas, os espectadores seguirán vendo a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace e as particularidades de cada noivado.

Os ximnasios son lugares para facer deporte, pero neles tamén poden xurdir historias de amor, como a de Andrea e Rubén, os protagonistas do programa desta noite. Os dous, moi deportistas, acudían ao mesmo centro e, aínda que non houbo frechazo, si que tiveron  unha boa amizade dende o primeiro minuto. O entendemento era tan bo entre a parella que ao cabo duns meses naceu o amor.

Todo ía ben ata que o confinamento pola pandemia da covid-19 lle pasou factura á parella. As discusións eran frecuentes e a relación chegou a pender dun fío. Andrea e Rubén conseguiron superar esa mala etapa e agora están máis namorados ca nunca. É por iso que decidiron casar nunha voda onde a noiva chegará en autocaravana á igrexa, un comezo orixinal para unha historia de amor verdadeiro.

Fuente Crtvg.es