O programa ‘Desmontando Galicia’ chega este luns a Baiona co obxectivo de non deixar unha pedra en pé

0
15

Isabel Blanco e Diana Nogueira descubrirán todos os segredos da vila pontevedresa, que atesoura unha historia e un patrimonio da que poucas poden presumir

O programa 'Desmontando Galicia' chega este luns a Baiona co obxectivo de non deixar unha pedra en pé

Santiago, 01.11.2021.-    A súa localización privilexiada na boca da ría de Vigo fixo de Baiona, o destino desta semana do programa ‘Desmontando Galicia’ (23.10 h), un dos enclaves máis interesantes estratexicamente falando do sur de Galicia.

A vila pontevedresa atesoura unha historia da que poucas vilas poden presumir. O seu sistema defensivo medrou ao longo dos séculos para protexela de piratas e invasións. Hoxe é un patrimonio de grande interese turístico e o espazo da TVG presentado por Isabel Blanco e Diana Nogueira chega para non deixar unha pedra en pé.   

Como foi recibida en Baiona a nova do descubrimento do Novo Mundo? Como aproveitaron o mar para o traballo e o lecer? Como chegaron ata aquí os canóns dun acorazado afundido en Marrocos? Todas estas preguntas atoparán resposta no ‘Desmontando Galicia’ de hoxe. Baiona, unha vila digna de ser vista, gozada e, como non, desmontada.

Fuente Crtvg.es