O programa ‘Veciñ@s’ visitará este domingo o barrio da Ponte, en Ourense, e o da Muralla, en Lugo

0
5

Os espectadores coñecerán aspectos variados da convivencia que se desenvolve entre os habitantes de ambos os dous lugares

O programa 'Veciñ@s' visitará este domingo o barrio da Ponte, en Ourense, e o da Muralla, en Lugo

Santiago, 22.01.2023.-     A Televisión de Galicia ofrecerá este domingo a segunda entrega do programa ‘Veciñ@s’ (23.20 h), que reflicte aspectos variados da convivencia que se desenvolve no ámbito de singulares comunidades.

Esta semana, ‘Veciñ@s’ visitará o barrio da Ponte, en Ourense, e tamén o da Muralla, en Lugo. No primeiro, acompañará a xente da comunidade mentres preparan unha festa sorpresa para unha parella de hostaleiros que levan 40 anos servindo o barrio.

E despois, os espectadores descubrirán que os arredores do monumento romano son un lugar que namora a calquera, ata a mozas como Shannon, que deixou a súa California natal para vivir na Muralla.

Fuente Crtvg.es