Os medios públicos galegos emiten este sábado o Celta-Leonesa

0
24

Santiago, 09.12.2022.- Fin de semana de fútbol nos medios públicos galegos esta fin de semana, cos encontros de Celta, Compostela e Ourense e o derbi o Deportivo e o Ferrol. A xornada do sábado comezará na G2 ás 16.50 h, co R.C. Celta B-CyD Leonesa, correspondente á duodécima xornada da 1ª RFEF de fútbol. Neste encontro, que tamén poderá seguirse a través da e a web da CRTVG, os vigueses defenderán o seu posto entre os cinco primeiros da clasificación ante os leoneses, sen opcións de xogar play off, pero que só perderon un dos últimos cinco partidos. 

Ás 19.00 h, comezará, na G2 e mais na web, o encontro de fútbol sala feminino da  1ª RFEF  Viaxes Amarelle-Pesc. Ruben Burela F. S. 

Na xornada do domingo, o prato forte dos medios públicos galegos será o Derbi das Rías.  A partir das 18.55 h, poderá seguirse, tanto na segunda canle coma en Internet, o R.C. Deportivo-Racing de Ferrol, da ª RFEF de fútbol. O encontro que recolle unha rivalidade histórica de máis de cen anos, que se remonta ás décadas de 1910 e 1920, pese a que os dous equipos non volveron coincidir na mesma categoría ata hai dous anos.

Ademais, G2 e web ofrecerán ás 12.00 h o Polvorín C. D. Lugo-B-Coruxo F.C.  e, ás 16.55 h, o S. D. Compostela-R. Valladolid Promesas, correspondentes á  2ª RFEF.  Exclusivamente a través da páxina da crtvg.gal, os afeccionados ao fútbol poderán gozar o domingo ás 17.00 h do encontro Ourense C.F.-R. Avilés da 2ª RFEF, mentres que ás 19.00 h poderase seguir o partido de balonmán feminino Mecalia At. Guardés-JuRo Unirek, correspondente á EHF European Cup. 

Fuente Crtvg.es