Os concursantes de ‘Gañar ou fregar’ cociñan esta noite na localidade coruñesa de Teo para os Sánchez Currás

0
29

O programa da TVG (23.15 h) conta hoxe con Néstor, de Baiona, e Pintiña, de Baio, a quen axudarán nos fogóns os presentadores María Dapía e Perico Balado

Os concursantes de 'Gañar ou fregar' cociñan esta noite na localidade coruñesa de Teo para os Sánchez Currás

Santiago, 01.02.2023.-    Esta noite os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver as cociñas de ‘Gañar ou fregar’ en Teo. Nunha nova entrega do programa culinario, Néstor, de Baiona, e Pintiña, de Baio, prepararán os seus pratos na casa da familia Sánchez Curras. Coma en cada entrega, os anfitrións darán o seu veredicto, escollendo a mellor elaboración.

Os Sánchez Curras decidirán a quen lle toca fregar a louza e quen leva o premio do programa que, cada mércores, a canle pública galega emite no prime time. Coma sempre, os concursantes de cada equipo contarán coa axuda dos presentadores María Dapía e Perico Balado.

Fuente Crtvg.es