Os espectadores da TVG celebrarán a Noiteboa co equipo do ‘Land Rober’, a presentadora Patricia Pérez e a banda La Quinkillada

0
39

Santiago, 24.12.2023.-   Coma cada ano, o equipo do ‘Land Rober Tunai Show’ quere acompañar os espectadores da TVG nas súas ceas de Noiteboa. O programa especial de hoxe contará coa presenza da actriz, presentadora e escritora Patricia Pérez, que terá que adiviñar que escenas disparatadas se agochan detrás do pano teatral do ‘Land Rober’.

Como non podía ser doutro xeito, non faltará o discurso de Noiteboa. Desta volta, o encargado será o querido Felipe II, que volve polo Nadal. Ademais, chegará unha nova entrega de Dosinda, desta volta, cunha cesta de Nadal un tanto peculiar. Por se fose pouco, o público e o equipo do programa van xogar a unha nova versión do xa mítico ‘Que me estás contando?’, pero agora con baile e mímica á vez.

O toque musical desta velada festiva porao a banda La Quinkillada, que ofrece nas súas actuacións a sinerxía perfecta entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival. E, como mestres de cerimonias deste ‘Land Rober Noiteboa’, estarán Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara GR.

Fuente Crtvg.es