Os espectadores de ‘Casamos!’ asistirán este luns á voda de Tania e Juancho, que casan máis namorados ca nunca e rodeados dos seus amigos

0
38

Coñecéronse hai tres anos no traballo e, a pesar de que os dous tiñan parella naquel momento, a conexión foi instantánea

Os espectadores de 'Casamos!' asistirán este luns á voda de Tania e Juancho, que casan máis namorados ca nunca e rodeados dos seus amigos

Santiago, 11.12.2023.-    Tania e Juancho, os protagonistas deste luns do espazo ‘Casamos!’ (22:50 h), que a semana pasada comezou unha nova temporada para seguir retratando o universo das vodas en Galicia, coñecéronse hai tres anos no traballo. Os dous tiñan parella, pero a conexión entre eles foi instantánea e convertéronse nos mellores dos amigos.

Pero unha viaxe a Madrid cambiouno todo: deixaron as súas relacións, admitiron o que sentían e fóronse vivir xuntos. A pesar de que unha forte crise case remata coa relación, agora van casar máis namorados ca nunca e rodeados de amigos.

Fuente Crtvg.es