Os espectadores de ‘Cos pés na terra’ aprenderán este domingo a facer un peche para manter a seguridade dos animais

0
20

O programa verá tamén como cultiva a súa horta Andrea e como Suso e Lucía coidan das súas vacas

Os espectadores de 'Cos pés na terra' aprenderán este domingo a facer un peche para manter a seguridade dos animais

Santiago, 19.12.2021.-    Nunha nova edición do programa ‘Cos pés na terra’ (23.25 h), os espectadores da TVG aprenderán hoxe a facer un peche para manter a seguridade dos animais baixo a supervisión de Laureano, un rapaz que leva anos poñéndolle portas a campo.

O equipo do programa compartirá a xornada con Andrea, unha rapaza que compaxina o seu traballo no mundo da imaxe con labores de horta, cultivando amorodos, framboesas e ata Pitaias.

Ademais, ‘Cos pés na terra’ ten unha cita tamén con Suso e Lucía, pai e filla, que teñen conta dunhas vacas que están moi afeitas a ver peregrinos, aínda que os peregrinos non se afagan a elas.

Fuente Crtvg.es