Os informativos do mediodía da TVG disparan a súa vantaxe en máis de dez puntos sobre o resto de canles

0
5

Santiago, 20.08.2020.-  O ‘Telexornal Mediodía 14.30 h’ da TVG, ademais de ser a alternativa favorita dos galegos para estaren ao tanto da actualidade, situouse á cabeza de toda a oferta televisiva na xornada de onte. Segundo os datos de audiencia de Kantar Media, cunha media de 198.000 espectadores e unha cota de 27,5%, a primeira edición do ‘Telexornal’ foi o informativo e o espazo máis visto do día, e case dobra en espectadores a seguinte proposta competidora, La Sexta Noticias  (100.000 AM e  13,7% de share) durante a súa emisión.

Amais do ‘Telexornal Mediodía’, cada un dos espazos da faixa informativa do mediodía (13.30 – 15.30 h) da Televisión de Galicia foron líderes de audiencia durante a súa emisión. Así, o segundo espazo máis visto do mércores, o ‘Galicia Noticias’, foi seguido por 161.000 galegos de audiencia media e obtivo unha cota de 27,2%. De novo, o espazo máis próximo en seguimento, Al Rojo Vivo (La Sexta), quedou con 61.000 espectadores de media, 13 puntos por debaixo. Neste período, o magazine informativo ‘A Revista’ chegou ata o 17,4% de cota media de pantalla.

A faixa informativa do mediodía liderou, pois, as audiencias cun 23,5% de share, fronte ao 13,3% da inmediata competidora, La Sexta, e ao 13,2% de Antena 3. E no que respecta aos datos do total día do mércores, a TVG acadou un 9,7% de share.

Fuente Crtvg.es