Os medios públicos galegos achegan esta fin de semana balonmán e unha variada oferta de fútbol

0
7

Santiago, 26.11.2021.-  Os medios públicos galegos poñen en marcha os marcadores deportivos este sábado coa transmisión de dous encontros de fútbol destacados da xornada 13 na Segunda División RFEF: S. D. Compostela-R. Avilés C. F. (17:00 h) e Bergantiños C. F.-Coruxo F. C. (19:00 h).  

A atención da segunda canle da Galega e da web da CRTVG centrarase tamén o domingo á tarde noutro  partido da 2ª RFEF, que disputará o Pontevedra C. F. contra o Arousa S. C. (17:00 h).

O domingo, ás 12:50 horas, o fútbol seguirá sendo protagonista da oferta deportiva da G2, coa emisión en directo do Saint Étienne-Paris Saint-Germain F. C., unha das citas destacadas da Ligue 1 francesa, en que o anfitrión, situado na décimo novena posición, enfróntase ao líder indiscutible da tempada.

Ás 19:00 horas, os medios públicos galegos mudarán de disciplina para ofrecer un novo encontro na Liga Asobal de balonmán, en que os xogadores do Cangas Frigoríficos do Morrazo reciben o domingo no Gatañal o Unicaja Sinfín.

Tamén se poderá ver na G2, ás 23:55 horas, o Belenenses-Benfica, un novo partido da Liga Portuguesa de Fútbol Profesional.

Fuente Crtvg.es