Pili e Javi son os protagonistas esta noite en ‘Casamos’ dunha historia de amor serena e pasional

0
31

A parella vive unha lúa de mel continua desde que empezou a súa relación hai catro anos

Pili e Javi son os protagonistas esta noite en 'Casamos' dunha historia de amor serena e pasional

Santiago, 06.09.2022.-    O espazo máis romántico da TVG, ‘Casamos!’ (23.10 h), dá a coñecer este martes a historia de amor de Pili e Javi, unha aventura que comezou hai catro anos. Un Entroido e amigos en común fixeron que esta parella se atopara na noite viguesa. Na primeira cita, a conexión entre os dous foi máis que evidente, pero o primeiro bico tardaría en chegar. Javi só buscaba amizade, e iso fixo que Pili pensara cousas incertas.

Despois do primeiro bico, a parella iniciou unha lúa de mel, en que, catro anos despois, continúan inmersos. Agora festexan unha voda, que será tamén unha festa con familia e amigos para celebrar que, no seu caso, o amor si entende de novas oportunidades pasados os 40.

Fuente Crtvg.es