Remata hoxe na TVG a segunda temporada de ‘Saudade de ti’, coa decisión final de Celia: Santi ou Raúl

0
59

Santiago, 12.09.2023.-    Hoxe é un día sinalado no calendario para os seguidores da serie ‘Saudade de ti’ (22:40 h). Hoxe remata na TVG a súa segunda temporada, que tivo en tensión os espectadores durante este verán, e farao coa decisión final de Celia, a súa protagonista, que deberá escoller entre Santi e Raúl.

No capítulo final, Celia vai abandonar Abrente. A súa historia con Raúl rematou e axiña vai comezar outra etapa da súa vida. Santi ofrécese a levala á estación. Aínda ten algo importante que dicirlle e non quere que a doutora Eiroa marche sen escoitalo.

Pola súa parte, Raúl non entende os motivos que hai detrás da decisión de Celia, pero, se cadra, poñer distancia entre eles é o mellor para todos. Quizais é o momento de facerlle caso á súa nai e, polo ben da súa filla, entregarlle o anel de compromiso á muller axeitada.

No hospital, nin Teresa nin Lucho son capaces de atopar o xeito de evitar que Elba se renda fronte á súa doenza. Parece que a moza xa asumiu con resignación o seu tráxico destino.

Fuente Crtvg.es