Rosario Mohedano, La década prodigiosa e Xosé Manuel Piñeiro deleitan esta noite o público e os espectadores de ‘Luar’

0
32

Santiago, 01.12.2023.- ‘Luar’ recibe esta noite a Rosario Mohedano, La Década Prodixiosa e un Xosé Manuel Piñeiro que se adianta ao Nadal, interpretando varias panxoliñas emblemáticas en galego. O emblemático presentador de ‘Bamboleo’ sobe hoxe ao escenario como intérprete para cantar ‘A Belén vinde pastores’ e ‘O tamborileiro’.

Pola súa banda, Rosario Mohedano, sobriña de Rocío Jurado e filla de quen fora o seu último representante, o seu irmán Amador, visita o musical da TVG para presentarlle ao público galego o seu último sinxelo, ‘De qué vas’. Neste tema, cuxo vídeo protagoniza a súa curmá Gloria Camila Ortega, fai un canto á alegría e ao avance da vida, e lanza unha mensaxe a unha cadea de televisión coa que ten unha tensa relación. Con cinco discos no mercado, tamén fará gozar a audiencia con outros temas do seu repertorio. 

E, para lembrar a mellor música de todos os tempos, o programa que conducen Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez, contará con La Década Prodigiosa, formación xurdida nos anos 80 do século pasado, que se deu a coñecer por temas en que combinaban éxitos pop e rock de distintos períodos e que chegou a representar a España no Festival de Eurovisión.

No apartado de música galega, ‘Luar’ contará coa Banda de Música de Caldas de Reis e as actuación dos integrantes do Centro Cultural A Ponte Vella e a banda folk Ailá. Ademais, estará no programa o Grupo Arkadia.

No concurso ‘Recantos’ compiten esta noite Ramón Noche, pola Terra Chá, e Nerea Cobas, por Terras de Lugo. 

Fuente Crtvg.es