Santos ten un golpe de sorte, esta noite, no regreso de ‘A lei de Santos’ á TVG

0
10

Tamén lle mellora a fortuna ao garda civil Lourenzo, que se converte no novo empresario da vila cun inesperado premio de lotaría

Santos ten un golpe de sorte, esta noite, no regreso de 'A lei de Santos' á TVG

Santiago, 09.01.2022.-  Volve esta noite ‘A lei de Santos’ (23.00 h) con novas entregas á Televisión de Galicia. Este spin off da serie ‘Serramoura’, cuxo elenco encabeza o célebre chatarreiro Santos (Monti Castiñeiras), ten como punto de partida desta terceira tempada o regreso do protagonista a Viladesantos con moitas dúbidas sobre a súa vida: seguir sendo Santos, ese temido delincuente, ou abandonar a profesión e volver ser Mario Piñeiro, un honrado cidadán. E despois de todo o que pasou co roubo no pazo de Meirás, de ser sospeitoso da morte de Denís, e de xogar a vida nunha guerra entre bandas, a balanza inclinouse cara ao crime.

Esta decisión supuxo perder a Uxía, a quen lle prometera que volvía a Viladesantos para empezar de cero, lonxe das actividades criminais. Santos non contaba con que unha nova persoa se ía cruzar no seu camiño e lle ía cambiar a sorte de vez.  

A quen lle empeza a mellorar a sorte é a Lourenzo. Un inesperado premio de lotaría vai ser o impulso que necesitaba para deixar a Garda Civil e converterse no novo empresario da vila.

Fuente Crtvg.es