‘Segredos – Desmontando Galicia’ remexerá esta noite no patrimonio máis antigo de Pontevedra, ‘a cidade que dá de beber a quen pasa’

0
12

O programa presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton levantará pontes, fontes e igrexas para tratar de descubrir os seus segredos agochados

'Segredos - Desmontando Galicia' remexerá esta noite no patrimonio máis antigo de Pontevedra, 'a cidade que dá de beber a quen pasa'

Santiago, 16.03.2020.-  Os espectadores da TVG seguirán descubrindo este luns os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego da man dunha nova entrega do programa ‘Segredos – Desmontando Galicia’ (22.30 h).

O espazo presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton chega hoxe a Pontevedra, que pode presumir de ter o casco histórico máis importante de Galicia, despois do de Santiago de Compostela, e de ser fundada por un heroe lendario.

‘Segredos – Desmontando Galicia’ remexará no patrimonio máis antigo da ‘cidade que dá de beber a quen pasa’ e para isto non perderá a ocasión de levantar pontes, fontes e igrexas.

Todo isto, co obxectivo de tratar de descubrir unha boa chea de segredos agochados da cidade do Lérez: como os mareantes fixeron desta unha cidade rica a base da pesca da sardiña? Como foi a primeira cidade con alumeado eléctrico de Galicia? E Colón, tiña acento galego?

Fuente Crtvg.es