Segue a emoción na Liga dos Cantantes Extraordinarios, coa incorporación de Begoña e novos retos para os artistas

0
84

A visita do home misteriosos e as súas ‘particellas’ non deixarán indiferente a ninguén esta noite de mércores na TVG

Segue a emoción na Liga dos Cantantes Extraordinarios, coa incorporación de Begoña e novos retos para os artistas

Santiago.-10.08.2023.- Este xoves, o prime time da TVG propón unha nova entrega de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’. Na gala da semana pasada incorporouse unha nova concursante, Begoña García, gaditana asentada na Coruña desde hai moito tempo, que cobre o oco que deixara Fátima Lea. Chegou e arrasou co seu ‘The Best’ de Tina Turner.

As ‘particellas’ da semana pasada non saíron de todo mal para os novos concursantes, un dúo para Barbie coa sua madriña, Alejandra Pais, e un reto para Miriam Agraso, que superou amplamente cunha canción de Paulina Rubio, aínda sendo esta nunha tonalidade máis baixa da que ela está acostumada. 

Pero neste programa tamén temos visita do home misterioso e as súas ‘particellas’ e seguro que esta vez alguén se vai enfadar. Moito traballo esta semana para os membros do xurado: Pili Pampín, Roi Casal, Lucía Pérez e Iago Pico. Que ‘particellas’ sairán hoxe?

Fuente Crtvg.es