Televisión de Galicia pecha setembro incrementando a súa audiencia entre os máis novos

0
3

Santiago, 01.10.2020.-  A Televisión de Galicia pechou setembro cun aumento de cota (10,5%) no prime time, case dous puntos máis ca hai un ano; cunha audiencia máis urbana (o 22%) e unha mellor penetración entre o público novo, de 13 a 24 anos, que se achega ao 4% (3,9%), sendo a canle xeneralista que máis audiencia rexistra entre esa faixa de idade en Galicia. A cota media do conxunto do día foi dun 9,5%, tamén superior a 2019 en 1,4 puntos.

Na programación informativa, a Galega é líder na franxa do mediodía cun 19,5%, superando o seguinte competidor en 4,4 puntos (Antena 3 cun 15,1%). E foi salientable neste setembro o aumento en 1,7 puntos do ‘Telexornal serán’ das 21:00 h e do espazo matinal ‘A revista’, que subiu 2 décimas respecto ao mes anterior.
    
No seu conxunto, os contidos da TVG seguiron a gañar audiencia entre a cidadanía urbana e ademais superan o consumo de hai un ano, en setembro de 2019, cun incremento do 18,7% no consumo diario por telespectador e día, actualmente de 19 minutos. Un mes máis, a TVG acadou valores superiores á media das canles autonómicas da rede de FORTA, 1,4 puntos de cota máis no conxunto do día e 1,7 puntos de cota máis no prime time. Nese horario de máxima audiencia cómpre salientar as cotas acadadas os xoves (12,4%) con ‘Land Rober Tunai Show’, os venres (10,8%) con ‘Luar’, os sábados (12,3%) con ‘Bamboleo’ e os domingos (10,5%) coa serie ‘Serramoura’.

Fuente Crtvg.es